Tales of Mystery and Imagination
Tales of Mystery and Imagination
" Tales of Mystery and Imagination es un blog sin ánimo de lucro cuyo único fin consiste en rendir justo homenaje a los escritores de terror, ciencia-ficción y fantasía del mundo. Los derechos de los textos que aquí aparecen pertenecen a cada autor.
Las imágenes han sido obtenidas de la red y son de dominio público. No obstante, si alguien tiene derecho reservado sobre alguna de ellas y se siente perjudicado por su publicación, por favor, no dude en comunicárnoslo.
Alfonso Castelao: Na noite da derradeira novena de difuntos
Na noite da derradeira novena de difuntos a eirexa estaba inzada de medos.
En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas.
Cada luz que o sancristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamo-lo bafo das ánimas en cada vela que morría.
Dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.
O abade cantaba o responso diante duha caixa chea de ósos e no intre de fina-lo “paternóster” daba comenzo o pranto.
Catro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha man erguían o ataúde e coa outra empuñaban unha facha.
A procesión tiña remate no osario do adro. Os catro homes levaban o ataúde pendurado a rentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos. Detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. E se as mulleres carpían, os homes esbagullaban calados.
Naquela procesión todos tiñan por quen chorar e todos choraban.
E aínda choraba Baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos que aparecera dentro dun queipo, a carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai nin por quen chorar; mais ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con tódolos folgos.
Camiño das casas unha veciña inquireu da rapaza:
— ¿Por quen chorabas, Baltasara?
I ela dixo, saloucando:
— ¿O non ter por quen chorar parécelle pequena desgacia, señora?
No comments:
Post a Comment