Fala o P. Heitor Joaquim Arrais no seu Relatarlo crítico sobre supersticdes, Coimbra, 1723, da viaxe que realizou a Galicia poucos anos antes da data de aparición do libro citado, para coñecer en persoa a un xudeo pontevedrés chamado Xacobe, sobre o que escoitara, sempre de labios de xente aparentemente responsable e digna de creto, que nacera e vivira nos tempos de Cristo. Era, polo visto, tal a cantidade de datos fidedignos que ofrecía o interesado e tan curiosas as cousas que contaba, que aínda os seus máis escépticos interlocutores acababan por rendirse diante da contundencia duns argumentos que ao parecer facían evidente o que dicía, por máis que a razón se negara a acéptalo de bo grado. Foi entón Arrais de Coimbra a Pontevedra para comprobar a falacia de canto escoitara, pondo especial coidado no segredo e na intención da súa viaxe a fin de evitar que o tal Xacobe se puidera enteirar dalgún xeitu, pois xulgaba moi importante para o éxito do seu propósito que o encontro tivera lugar sen previo aviso e por sorpresa.
Chegou o sabio bieito portugués a Pontevedra nos días amargos do despiadado ataque dos. ingleses do brigadeiro Ormond, coa cidade aínda media destripada e a xente acontecida polo feroz comportamento daqueles salvaxes extranxeiros. Preguntando, chegou ao Grande dos Alfaiates, onde vivía o xudeo referido, e alí mesmo deu, sentado nun pequeno banco de madeira á porta da casa, co cobizado home que buscaba. Observouno ben antes de dirixirlle a palabra e achou que era o xudeo Xacobe persoa miúda e de poucas carnes, case que amarelo de cor, pequeno, calvo e desdentado. Preguntoulle despois Frei Heitor pola súa gracia e non tivo resposta. Descabalgou entón para achegarse a el e ver de iniciar conversa, pero pese á arte e á paciencia con que procedeu, non conseguiu facerlle abrir a boca para nada. Insistiu un pouco máis, sen traspasar en ningún intre os límites da educación e da prudencia, pero o velliño ergueuse con xesto canso, recolleu o banco onde se sentaba e entrou na casa pechando amante e delicado a porta detrás de si.
En vista da negativa, pensou Arrais na conveniencia de cambiar de táctica e acordoumeditar con tempo o camiño a seguir. Buscou, pousada no convento de San Francisco, onde o acolleron con agrado, falou eos frades animadamente do seu país e da nova ciencia, pero senexplicarlles a razón da súa viaxe, fixo as oracións canónicas do día e retirouse logo a descansar. Antes de caer no soño, matinou serenonos pasos que debía dar para conseguir entrevistarse con Xacobe, e despois quedou durmido. Ao día seguinte, unha vez cumpridas asobrigacións do seu estado e sen perda de tempo,saíu á procura do xudeo, ao que volveu atoparsentado á porta da casa, na mesma actitudetranquila e mansa do día anterior. Foise achegando a el o frade, sen lograr que o mirara, ecando se encontraba a menos de dous metros,ergueuse novamente o vello, colleu o banquiñode madeira e meteuse outra vez dentro. Entónsoubo xa o P. Heitor que Xacobe non falaría con el por moito que o intentara, pero aínda así, como para confírmalo ou probar por última vez a sorte, andou ata a porta e petou lixeiramente. Como esperaba, non recibiu resposta algunha. Voltou logo o padre portugués para o convento e decidiu confiarlle o seu propósito e o amargor do seu fracaso a un frade irmán. Respondeulle este que coñecía ben a Xacobe e que podía estar seguro de que non conseguiría arrincarlle unha soa palabra, pois había xa tempo que andaba escarmentado. Oitenta anos atrás, en Hamburgo, sometérano a tortura por dicir que el non era outro que Cartáfilo, agora bautizado Xacobe, aquel porteiro da casa de Pilatos que arrempuxara a Cristo camiño da rúa para que saíra pronto ao seu suplicio e que quedara por esto condenado a agardar a volta de El Señor ata o fin do mundo. En Londres fora acantazado polo mesmo. En Roma solicitara ser recibido polo papa dos cristiáns e non gañara senón dúas fortes pancadas no pescozo por parte dun cura grande e lambón que lle chamou impostor e falsario. En París queimárano en 1314 e, anque non morreu, saíu todo chamoscadiño do percance e con tantas dores que por primeira vez na súa vida buscou logo a imposible morte tirándose ao río. En Pontevedra tivo algúns problemas eos frades de Santo Domingo, que o investigaron e lle quixeron facer confesar que era un tramposo e un mentirán, de resultas do cal saíu medio coxo dunha perna.